900 11 21 21

L-V 8:00 - 15:00

A construción representa en Galicia o 5,6% do PIB e o 7,7% do total de postos de traballo

O Instituto Galego de Estatística constata no seu informe do segundo trimestre de 2023 que o valor engadido bruto do sector na comunidade galega medrou un 3,6%, por riba do conxunto do Estado, cun crecemento do 2,2%

Noticia Galicia

O sector da construción en Galicia xerou en 2022 un valor engadido bruto (VEB) de 3.833,6 millóns de euros, o que representa o 5,6% do Produto Interior Bruto (PIB). Así o indica o Instituto Galego de Estatística (IGE) no seu informe de seguimento e análise sobre o estado da construción en Galicia no segundo trimestre de 2023. Este nivel de actividade fixo que o emprego no sector se situara nos 79.904 postos de traballo equivalentes a tempo completo, o 7,7% do total. En España, o sector da construción representa o 4,9% do PIB e o emprego supón o 6,9% do total de postos de traballo equivalentes a tempo completo.

No segundo trimestre de 2023 o VEB do sector crece un 3,6% en Galicia e un 2,2% no conxunto do Estado, segundo destaca o IGE. Pola contra, o principal indicador de demanda, a compravenda de vivendas, presenta taxas negativas por segundo trimestre consecutivo motivadas polo aumento dos tipos de xuro e o prezo da vivenda que prexudican a actividade residencial.

A compravenda de vivendas baixa un 12,4% no segundo trimestre de 2023

O número de compravendas efectuadas sobre vivendas da Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad do INE mostra unha variación do -12,4% no segundo trimestre de 2023. Os datos de compravenda de vivendas totais da Estatística registral inmobiliaria do Colegio de Registradores indican unha variación do -10,8%.

Dende a perspectiva da oferta residencial, as series periodificadas de licenzas e visados, contemporáneas da actividade, presentan comportamentos diferenciados, as licenzas diminúen e os visados increméntanse aínda que menos que nos trimestres anteriores. No caso da oferta non residencial, as dúas principais fontes de información sobre este subsector, licenzas e visados, indican unha baixada no segundo trimestre de 2023, segundo o informe do IGE.

As licitacións públicas aumentaron un 13% en Galicia

Así, os visados presentan unha variación do -20,4% e as licenzas varían un -17,5 %. En canto á licitación oficial, segundo os datos do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, o importe licitado no segundo trimestre de 2023 polas administracións en construción (edificación e enxeñería civil) en Galicia rexistrou un incremento do 13 %, con respecto ao licitado no mesmo trimestre do ano anterior. As obras de enxeñería civil, que supuxeron un 81% da actividade licitadora da Administración neste trimestre, presentan un aumento do 10,5 %.

 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ